miércoles, 7 de diciembre de 2011

Ti.

E porque non escribir nunha lingua tan fermosa, na que sempre me falaba e que me recorda tanto a el. A aquel " neniña que fas" ou aquel "vaste mancar ten coidado"... Fluían as verbas como si dunha actuación se tratase,e el fose a personaxe, e tivera que estudar un guión. En realidade era a personaxe, e non unha calquera, se non a principal na obra da miña vida.
Un día esas verbas cambiaron, e converteron se en "estuda se queres ser alguén na túa vida, para traballar no campo xa chegamos eu e teus pais, e non olvides portarte ben"... Eu crecín, e conmigo a súa maneira de falar, aínda que eu seguía a ser a súa nena. Pero nunca me esquecerei cando me contaba contos, ou me cantaba en voz baixiña, tan preto da orella, que coa calor que me transmitía esquecíame de todos, e adurmiñabame. Sempre fun a súa nena mimada, aquela que non durmía se non estaba preto dela, e que o primeiro que facia ao erguerse era ir correndo a darlle os bos días, e se fundía nel nun longo bico mentres o apertaba moi forte.
Esta nena que nunca se esquecera da túa voz, do teu sorriso, dos teus bicos; moito menos dos teus ollos grises azulados, como un ceo apiques de despexarse, que cando me ollaban con douzura dábanme sosego. A túa nena nunca se esquecera de ti

3 comentarios: