viernes, 20 de enero de 2012

A ti.

A ti que tantas veces che escribo, pois a túa e unha historia que non rematara. Ao menos ata que o meu corazón deixe de latexar. A miña mente vai e ven a cada intre, e pensa en que bonita seria a vida se os desexos se cumprisen. Por iso hoxe e bo día para falar, pero non para rematar. As paredes deste cuarto escoitaron nos falar, rir, chorar... e agora leen os meus pensamentos. Están impregnadas de vós recordos, e nunca se esqueceran de días como este. Pois cada recuncho ten algo de ti. Por iso, mentres ollo pola fiestra os paxaros voar, parece que escoito un "felicidades miña nena"; de esa voz que a miña cabeza xamais esquecera.