sábado, 24 de diciembre de 2011

Soño

Mentres no sobrado dos teus soños se escoitan os ultimos pasos, a cámara lenta, latexa o corazón. Respiración acelerada, cando tan preto de min fas que se cumpran os meus soños. E así poder pegar os meus beizos a túa orella, mentres che murmuro o moito que te quero, nun intento de sentir o teu calor e de terte preto de min....pero aínda no sobrado séguese a escoitar as pegadas, e ti segues a durmir como si nada pasara. Pois nada pasou e lentamente érgome da cama, para recordar este momento que non e máis que outro soño.

1 comentario:

  1. Que fermosos son eses soños cando se soñan nunha lingua que nos agasalla palabras tan sentidas como agarimo, beixo, aperta, aloumiño...

    ResponderEliminar